sábado, 13 de xuño de 2015

había tempo que non tiña ganas de chorar da emoción. isto parecía un bacanal. unha decena de persoas bébedas baixo a hipnose da música electrónica bailando a pulos na penumbra en medio do monte. sentinme viva. había uns intres que eu sentara para presencialo, despois de bailar eufóricamente "la revolución sexual". tiven ganas de ser película. e que todo, ao final, tivese final feliz.

venres, 12 de xuño de 2015

camiño segura pola rúa co meu andar de home (pai), a miña obesidade e as miñas pintas de bollera. estou segura, piso forte porque hoxe vou mirar polos meus. sempre me gusta gastar cartos na xente que quero e, téndoos, non me importa. hoxe estou feliz. onte rematou selectivo e sobraronme cartos da comida. agardo acertar cos agasallos.

non me importa ter pinta de lesbiana, aínda que non entendo iso. as lesbianas pijas e as heterosexuais visto-como-cadra están totalmente invisibilizadas polo menos para a xente que non ten moito mundo ou que disimula ben téndoo. nunca fun lesbiana pero sempre me gustou. era aparentar algo que non son, disfrazarme. encántame o entroido.

agora que pasei de ser unha hetero-visto-como-cadra a procurar a miña identidade, gústame aínda máis, quizais por ter esas ansias de entrar en medio da "normalidade": se a xente pensa que me atraen as mulleres, é que podo, tranquilamente, chegar un día e dicir " teño moza". pero iso, polo de agora, non acontecerá.

comezo a pensar, e díxomo algunha xente que ten algo de idea, que podo ser pansexual. quen sabe? o que eu tiña claro, era que o físico non me importaba en tanto que fosen homes cisxénero, pero en canto notei atracción por unha persoa con cona o meu cerebro comezou a bailar sevillanas amuiñeiradas da alegría. iso era marabilloso, polo menos para min, unha hater declarada da superficialidade.

e diredes "blabla anti-superficialidade blabla e dirás que non te fixas no físico". claro que o fago, pero eu, como persoa así que non entra moito no que se entende como cánon de beleza, pois é unha estupidez darlle importancia á apariencia dos demáis. claro que pode pasar unha barba chachi e dicir mentalmente "foder", pero se logo coñezo á barba e é estúpida, chao. totalmente.

non sei se me explico ben, pero este é o meu diario e o importante é o que eu me entendo (por fin).

total, que aquí estou eu, unha media-camionera agardando chegar á casa para preparar os agasallos.

luns, 8 de xuño de 2015

as patadas no estómago deben conlevar moitísima dor. en fin, cando era pequena, estaba de porteira e tiráronme un furolo á boca do estómago. ao mellor é parecido. síntome o peor becho do mundo cando penso en darlla a alguén, e máis se é alguen tan querido.

ás veces deserto,
ás veces oasis...

e digo eu, non se sentirá parecido a min de tanto que lle importa o físico dos demáis? "Perico caíame ben, pero agora que [novidade de look] non, eh?" e confías para nada. o que foi o teu apoio toda a vida, que é? os apoios eventuais serven de algo?

e seica eu antes non era así, veu alguén e conquistou, posuiu o meu corpo. non topei con xente marabillosa que me fixo ver máis alá da concepción que eu mesma tiña de min. non. eu sempre adorei o sacrificio estético.

é hora de escribir unha carta:

querida Madre, intento liberarme.

venres, 5 de xuño de 2015

se me suicidara, sería tomando drogas legais que tiveran por casa as miñas proxenitoras cunha botella de licor café e escoitando o (pre)sentimento de Manuel Seixas.

só o penso a nivel literario, de inventar. nunca o pensei en serio.

hai persoas, músicas, cousas en xeral que me fan pensar, dame pena deixar a vida. porén, creo que ao que máis medo lle teño é á dor. dor no sentido amplo. a calquera.

só estou pasando por unha mala racha.

hora de ser explícita ou hiper adolescente.

a miña nai ándame todo o santo día con que me depile e que se adelgazar e que todos-nos-preocupamos-pola-túa-saúde. o único problema que teño por peso é a maldita perna, pero vén de antes: a miña cadeira e xeonllos deformes que me fan andar mal. non caía, pero mandáronme ao médico e a ballet para correxilo, porque ando feo, porque ando coma o meu pai, porque non ando como a muller da que me estou afastando pouco a pouco por esas ideas raras que me meten na cabeza... e pensar que a ameaza eran aqueles chavales das XC que coñecín un día pola noite... e non, as ideas, as conviccións viñan da preguiza, da preguiza de non depilarme, de non maquillarme... o problema sempre fun eu. esas ideas libertadoras de "no meu corpo eu decido", son modas, imposicións do lesbomatriarcado que fai que nos creamos guais. son ideas de bolleras, a máis pelos, menos nenos, extinción, salvar aos putos malditos animais.

día tras día soa na miña cabeza "porca". " nesta casa ensinámoste a ser limpa" e as mesmas bágoas de impotencia. e autoestima polo chan. e a mellor nai do mundo convértese na nai sociedade que matou á nai natureza para que fosen uns pantalóns de inditex os que nos protexeran en vez deses horrendos pelos arcaicos.

porque son MULLER, mamá? pois como muller farei todo o que queiras, incluso operarme as deformidades. podo quedar en cadeira de rodas, pero sería un logro andar como a MULLER que son. tamén casarei. dareiche todos os netos que queiras, cos que me rompes a cabeza continuamente e de paso realízome persoalmente porque para unha MULLER, o máis fermoso son os fillos, déixate de gatos! grazas por ensinarme hixiene persoal, depilareime para o meu marido peludo, coma ti, mamá. estarei super feliz coidándonos e preocupándome e regalando amor e así e só chorar polos demáis porque as bolleras eran unhas tolas e agora están enfermas de algo que produza non quitar os pelos. tranquila, reprimireime, se queres incluso me ofrezo a Santa Rita para que me dea un bo traballo para poder pagarme o láser.

aínda así, hai algo que pode que esteas facendo mal, mamá. como nai, xa que es MULLER, disque o máis importante é a felicidade dos fillos. a este paso, non poderei selo. cada vez necesito máis persoas oasis. se fai falla, deixarei de ser muller para poder ser feliz, porque lospadresqueapoyanasushijostransestánbien. e onde están as nais que apoian ás súas fillas no que elas queiran con tal de non facerlle dano a ninguén?

argumento: SI, FASME DANO Á VISTA

contraargumento: non mires.

sintoo se hai faltas, arrefríame a tempura de cenoria.

mércores, 27 de maio de 2015

pobres os meus pelos, pobres, que teñen que soportar os maltratos psicolóxicos das mulleres da miña casa. non o entendo pero estou farta. digo eu... que ben viña para esta ocasión o "ghoberna a túa vida que a miña xa a ghoberno eu". son boa filla. ninguén é perfecto e a min tocoume ter pelos. en realidade porque me sae un pouco da cona, pero iso.

hoxe fun á farmacia e peseime. 32 de IMC. máis de 30 é obesidade. xa son obesa oficial. non me preocupa moito. podo baixalo fácil: moverme.

cheguei á conclusión de que o que máis me acomplexa da miña anatomía son as  tetas. non me gustan. non creo que nunca me gusten... é cuestión de aceptarse, supoño, porque operar non as vou operar. " ti que saberás" pois son miñas! iso é por comparar. si, que as comparacións son odiosas e as miñas tetas amorfas.

hoxe non foi o meu día. son un maldito saco de complexos estúpidos.

aquí chamareime só Virgulinha e inventarei nomes. quen di que non inventarei tamén situacións? chananán.

estou gorda. é un feito. faime gracia a xente que lle chama gorda en ton despectivo a outra persoa pero "oh, non, ti non estás gorda" ou cando esa xente está máis delgada ca min e di "que gorda estou! [...] non, non, ti estás ben" coma se estivera mal sendo gorda.
a maior parte do tempo estou ben, é dicir, non me importa estar como estou. pero ás veces, venme o baixón e penso que realmente non teño unha boa autoestima, senón que oculto os meus complexos, entre outras cousas, rexeitando dietas e torturas desas (quizais sexa por saúde mental) e é que depende de con quen estea. en fin, hai pouca xente coa que diga "pois agora, nudismo!" esas son as persoas coas que realmente estou a gusto.

gústame cando a xente sube fotos espida (en plan artístico, logo se é un selfie cara o espello, non, pero que cada un faga o que queira, que logo hai cada escándalo por un escote... ola, s. XIX) e gústame sacarmas e que mas saquen (alguén de confianza) e poñelas en branco e negro, que sempre quedan mellor, pero só llas mostro a contadas persoas. se no fondo non son de ferro, teño medo dos xuízos da xente (ademáis do "ISO ESTÁ MAL")... quizais por iso levanto un muro coa miña apariencia. cortei o pelo. moito. a miña nai xusto onte chamoume "meu homiño". gustoume. non porque me sinta home, senón porque iso significa que non é algo que se espere de min.

de todas formas, gústome, pero a inseguridade mátame ás veces.

que cantidade de oportunidades se perden por culpa da inseguridade ou do medo ao quedirán? non o sei, non fago estadísticas, pero estou case segura de que unha morea. aínda non teño nin dezaoito anos e eu xa perdín unhas cantas.

onte a miña nai e Irmá empezaron unha dieta. preguntáronme que se quería. ademáis da resposta obvia, como me ofrecen empezala cando teño que estudar para selectividade? é o que tería que estar facendo agora, pero veño de ver un capítulo de "My mad fat diary" e motiveime a empezar un diario eu tamén. a ver se alguén fai unha serie sobre min algún día. ao mellor cando tolee.