venres, 5 de xuño de 2015

se me suicidara, sería tomando drogas legais que tiveran por casa as miñas proxenitoras cunha botella de licor café e escoitando o (pre)sentimento de Manuel Seixas.

só o penso a nivel literario, de inventar. nunca o pensei en serio.

hai persoas, músicas, cousas en xeral que me fan pensar, dame pena deixar a vida. porén, creo que ao que máis medo lle teño é á dor. dor no sentido amplo. a calquera.

só estou pasando por unha mala racha.

hora de ser explícita ou hiper adolescente.

a miña nai ándame todo o santo día con que me depile e que se adelgazar e que todos-nos-preocupamos-pola-túa-saúde. o único problema que teño por peso é a maldita perna, pero vén de antes: a miña cadeira e xeonllos deformes que me fan andar mal. non caía, pero mandáronme ao médico e a ballet para correxilo, porque ando feo, porque ando coma o meu pai, porque non ando como a muller da que me estou afastando pouco a pouco por esas ideas raras que me meten na cabeza... e pensar que a ameaza eran aqueles chavales das XC que coñecín un día pola noite... e non, as ideas, as conviccións viñan da preguiza, da preguiza de non depilarme, de non maquillarme... o problema sempre fun eu. esas ideas libertadoras de "no meu corpo eu decido", son modas, imposicións do lesbomatriarcado que fai que nos creamos guais. son ideas de bolleras, a máis pelos, menos nenos, extinción, salvar aos putos malditos animais.

día tras día soa na miña cabeza "porca". " nesta casa ensinámoste a ser limpa" e as mesmas bágoas de impotencia. e autoestima polo chan. e a mellor nai do mundo convértese na nai sociedade que matou á nai natureza para que fosen uns pantalóns de inditex os que nos protexeran en vez deses horrendos pelos arcaicos.

porque son MULLER, mamá? pois como muller farei todo o que queiras, incluso operarme as deformidades. podo quedar en cadeira de rodas, pero sería un logro andar como a MULLER que son. tamén casarei. dareiche todos os netos que queiras, cos que me rompes a cabeza continuamente e de paso realízome persoalmente porque para unha MULLER, o máis fermoso son os fillos, déixate de gatos! grazas por ensinarme hixiene persoal, depilareime para o meu marido peludo, coma ti, mamá. estarei super feliz coidándonos e preocupándome e regalando amor e así e só chorar polos demáis porque as bolleras eran unhas tolas e agora están enfermas de algo que produza non quitar os pelos. tranquila, reprimireime, se queres incluso me ofrezo a Santa Rita para que me dea un bo traballo para poder pagarme o láser.

aínda así, hai algo que pode que esteas facendo mal, mamá. como nai, xa que es MULLER, disque o máis importante é a felicidade dos fillos. a este paso, non poderei selo. cada vez necesito máis persoas oasis. se fai falla, deixarei de ser muller para poder ser feliz, porque lospadresqueapoyanasushijostransestánbien. e onde están as nais que apoian ás súas fillas no que elas queiran con tal de non facerlle dano a ninguén?

argumento: SI, FASME DANO Á VISTA

contraargumento: non mires.

sintoo se hai faltas, arrefríame a tempura de cenoria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario