mércores, 27 de maio de 2015

aquí chamareime só Virgulinha e inventarei nomes. quen di que non inventarei tamén situacións? chananán.

estou gorda. é un feito. faime gracia a xente que lle chama gorda en ton despectivo a outra persoa pero "oh, non, ti non estás gorda" ou cando esa xente está máis delgada ca min e di "que gorda estou! [...] non, non, ti estás ben" coma se estivera mal sendo gorda.
a maior parte do tempo estou ben, é dicir, non me importa estar como estou. pero ás veces, venme o baixón e penso que realmente non teño unha boa autoestima, senón que oculto os meus complexos, entre outras cousas, rexeitando dietas e torturas desas (quizais sexa por saúde mental) e é que depende de con quen estea. en fin, hai pouca xente coa que diga "pois agora, nudismo!" esas son as persoas coas que realmente estou a gusto.

gústame cando a xente sube fotos espida (en plan artístico, logo se é un selfie cara o espello, non, pero que cada un faga o que queira, que logo hai cada escándalo por un escote... ola, s. XIX) e gústame sacarmas e que mas saquen (alguén de confianza) e poñelas en branco e negro, que sempre quedan mellor, pero só llas mostro a contadas persoas. se no fondo non son de ferro, teño medo dos xuízos da xente (ademáis do "ISO ESTÁ MAL")... quizais por iso levanto un muro coa miña apariencia. cortei o pelo. moito. a miña nai xusto onte chamoume "meu homiño". gustoume. non porque me sinta home, senón porque iso significa que non é algo que se espere de min.

de todas formas, gústome, pero a inseguridade mátame ás veces.

que cantidade de oportunidades se perden por culpa da inseguridade ou do medo ao quedirán? non o sei, non fago estadísticas, pero estou case segura de que unha morea. aínda non teño nin dezaoito anos e eu xa perdín unhas cantas.

onte a miña nai e Irmá empezaron unha dieta. preguntáronme que se quería. ademáis da resposta obvia, como me ofrecen empezala cando teño que estudar para selectividade? é o que tería que estar facendo agora, pero veño de ver un capítulo de "My mad fat diary" e motiveime a empezar un diario eu tamén. a ver se alguén fai unha serie sobre min algún día. ao mellor cando tolee.

Ningún comentario:

Publicar un comentario